Un anaco do Courel para vós.

Un anaco do Courel para vós.

domingo, 7 de abril de 2013

ESTUDEMOS COMO GALEGOS!!!

Este vídeo é un dos tantos feitos polo supermercado Gadis para publicitar os seus produtos, e baixouse de Youtube.

sábado, 6 de abril de 2013

Un novo medicamento antidepresivo desbanca o tan coñecido Prozac, ProzacLectura.


      Unha asociación de libreiros galegos acaba de patentar o novo substituto do tan coñecido Prozac. O novo fármaco sairá ó mercado o vindeiro mes de maio en tódolas librarías e bibliotecas de Galicia, aínda que en breve aparecerá en tódolos andeis do mundo. O nome deste avanzado e efectivo medicamento será ProzacLectura.

      Os que tiveron a gran sorte de probalo din que aumenta 1000 veces máis a sensación de placebo e benestar do que o facía o tradicional Prozac, pois incrementa ata niveis inxentes o nivel de serotonina no cerebro, erradicando por completo a depresión. Ademais, e en contrapunto do que pasaba co medicamento convencional, este obra ós poucos minutos de tomalo, e non ás 4 semanas como na versión anterior.
      Outro efecto positivo é que está dirixido a todo tipo de pacientes e idades, porque se adapta a todos eles en contidos e temáticas (de aventuras, de ficción, de medo, etc.). O único negativo é que pode provocar adicción á cultura.
      Por outro lado, se os usuarios coñecen a outras persoas que padezan depresión, apatía vital, falta de capacidade crítica, angustia existencial ou aburrimento, eles mesmos poden receitar o consumo de ProzacLectura.
      Ademais, no caso das embarazadas ou de mulleres que aínda aleiten os seus fillos, demostrouse que esas crianzas crecerán máis fortes e sans, cun sistema inmunitario a proba de manipulacións e terxiversacións mediáticas.
      E, o mellor de todo, pode inxerirse dende que se coñecen as primeiras letras ata que un morra. Incluso é preciso indicar que o seu consumo é un aliado fiel contra demencias e outras enfermidades mentais asociadas á vellez. 
      Non obstante, e a pesar de non posuír contraindicacións negativas, recoméndase non inxerir ProzacLectura antes de copiosas comidas, pois a somnolencia que provocan estas evitará concentrarse na lectura. Por razóns similares, tampouco se debe tomar despois dunha gran inxesta de alcohol, pois pode ver borrosas, e incluso con bruscos movementos, as palabras obxecto de lectura.
      Outro aspecto positivo deste novo fármaco é que a súa conservación non resulta problemática, porque vén envasado nun blíster denominado "libro", e este pode resistir, tanto as altas temperaturas do verán, como os xélidos graos de inverno. É por iso que ProzacLectura pode ser un acompañante ideal na praia ou na montaña.
       Por todo o dito anteriormente, este novo produto suporá a innovación máis grande do século XXI, converténdose a depresión dende agora en diante nun simple recordo do pasado.
                                                                           Rosa Alonso Lozano

QUE É PARA TI A LITERATURA? PARA MIN...MIRA, E VERÁS.

Wordle: Untitled