Neste blog queremos facernos eco das obras en galego máis lidas en GaliciaLe, a plataforma virtual da rede de bibliotecas galegas. Pois ben, os libros máis demandados polos usuarios foron: A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz; Os fillos do mar de Pedro Feijoo, o álbum Maruxa de Eva Mejuto e Mafalda Milhões; A memoria da choiva, de Pedro Feijoo; e Ámote Leo A.: destino Xalundes, de Rosa Aneiros.