Un anaco do Courel para vós.

Un anaco do Courel para vós.

martes, 5 de marzo de 2013

Presentación

Ola a todos, seareiros da cultura galega. Hoxe inauguramos  neste blog unha intensa andaina pola etnografía, a lingua e a literatura galega. Desta vez, como inicio do percorrido,  centrarémonos nun espazo único: o Caurel, reduto dun impresionante acervo cultural, e que, con gusto, queremos esfrangullar para vós.
Polo de agora, e para ir abrindo esas gorentosas bocas, conformádevos, que non é pouco, cuns fermosos versos do noso benquerido Uxío Novoneyra.
 
FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.
Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.
Cai a neve branca fora
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana…
Uxío Novoneyra